Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

VISITANDO ALLARIZ

O martes 2 de xuño os nenos e nenas de 4º de primaria visitamos a Vila de Allariz. Foi un día moi especial, cargado de actividades moi variadas e de moitas sorpresas.

O día o repartimos en tres etapas:

1ª etapa: visita a Vila de Allariz percorrendo as súas rúas e visitando o Parque Etnográfico do río Arnoia, máis concretamente o Museo do Coiro, Museo do Liño, o Muiño e o Museo do Xoguete.

Aprendemos moitas cousas e a continuación ensinámoste unhas imaxes.


2º etapa: xa é a hora da comida e de un merecido descanso. Comemos a beiriña do río Arnoia, alí a sombra das árbores estábase estupendamente. Podes comprobalo nas seguintes imaxes.


3ª etapa: Logo pola tarde viaxamos ata a AULA DO REXO, alí ensináronnos moitísimas cousas sobre as ENERXÍAS RENOVABLES, sobre as Reservas Naturais da Biosfera. Tamén déronnos moitísimos datos sobre o coidado das ovellas e a elaboración do queixo de ovella.


Segue atento ao noso blog porque ainda nos queda unha sorpresa desta excursión...


Chúzao | del.icio.us

Comentarios(3) »

  1. Fran — 05-06-2009 - 00:07:50 GMT 1

    Acabo de visitar o voso blog, xa o visitei máis veces, e atópome con que visitaste o meu pobo, Allariz, visitastes todo, a comida no Arnado o lado do Rio, e fíxovos un bo día.
    Agora comeza a festa do Boi.
    Eu son de esa vila, pero estou vivindo en vigo. Un mestre con morriña.
    saudos a Ana Piñeiro

  2. moucho frianon — 08-06-2009 - 11:25:17 GMT 1

    Grazas, Fran por ser o noso seguidor. Gústanos moito contar todo o que facemos, e máis ainda cando imos a sitios tan espectaculares como o teu pobo. Foi unha saída realmente instructiva e divertida.
    Un saúdo de Ana Piñeiro

  3. Belén — 11-06-2009 - 12:27:52 GMT 1

    Que de cousas fixeches!!! seguro que o pasachedes fenomenal.
    Un saúdo

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>