Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

ENTREGA DE DIPLOMAS

Despois de cinco xornadas de duro traballo remataron as xornadas para pais, nais e avoas de alfabetización dixital.

Compartimos cinco xornadas onde todos e todas aprendemos algo, cada quen o seu ritmo.

Para algúns e algunhas era o arranque dun novo camiño, para outros máis experimentados, abríronse novas inquedanzas.

O último martes, como peche, repartíronse uns diplomas acreditativos.

Dende a comisión TIC do colexio, moitísimas grazas, a Carlos, verdadeiro artifice destas xornadas. E por suposto a todos e todas os que participáchedes con tanto interese.

Deixovos cunhas fotos da entrega de diplomas...e ata a próxima.



Chúzao | del.icio.us

Un Comentario »

  1. Tolinha — 25-05-2009 - 22:56:34 GMT 1

    Parabens a todas/os as nais/pais por adicar parte do seu tempo de lecer a volver ao cole je je
    Que sorte contar cun profe tan bo ;)

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>