TAMÉN VEÑEN Á ESCOLA
Como saberedes,todos e todas os que nos seguides, o noso Centro está a facer, nos últimos cursos, un grande esforzo por adaptarse aos novos tempos, introducindo ao noso alumnado no uso das Novas Tecnoloxías como recurso para a aprendizaxe.
Mostra delo é a cantidade de contidos que, diariamente, estamos xerando na páxina web e nos blogs do Colexio.
Pero, en moitas ocasións, tanto o profesorado como os pais e nais dámonos conta de que nestes temas, os nosos fillos e fillas levan a dianteira, facendo evidentes as nosas carencias.
Imos tirar a toalla? Pensades que xa non sodes quen de aprender?
Ás veces, só ten que presentarse a oportunidade para formarnos. E nesta ocasión, o Colexio, en colaboración coa A.N.P.A., proponvos unhas Xornadas de Iniciación á Informática.
O noso obxectivo é que os pais/nais adquiran uns coñecementos básicos, imprescindibles para o manexo dun ordenador, aplicacións ofimáticas e coñecer o funcionamento da internet, as vantaxes e os perigos que para os menores pode ter.
A continuación ensinámoste que atentiños/as están na clase:

Chúzao
del.icio.us
Pareceme moi ven que os pais acudan as clases de internet,xa que alguns aunque teñan ordenador na sua casa non saben ni como encenderlo.Os rapaces aunque parecca mentira saben moito mexor que nos a traballar con os ordenadores.E ademais sino non podrian ver este blog tan interesante na que desde os mas pequenos hasta os mais maiores facen cousas impresionantes durante os cursos.Bueno moito animo para todolos pais e demas neste curso.BESIÑOS

Noraboa a tod@s @s alumn@s pola súa participación.
Espero que vos servira de algo.
Grazas a tod@s.