"A Castaña Dorinda"
Unha mañá de outono, apareceu no Cole de Frian unha castaña xigante, pero moi xigante que naceu nun castiñeiro do souto do cole. A súa nai púxolle de nome DORINDA, porque tiña unha cor moi douradiña. Pero DORINDA tiña un grande, pero que moi GRANDE problema. Non quería comer, e estaba moi fraquiña, tan fraquiña, tan fraquiña, que non tiña corpo. Cando chegou ao cole e viu a todos os/as nen@s tan feitiñ@s, adoecía por ser coma el@s. Ocurríuselle escribir unha carta na que lles pedía axuda ...
En E. Infantil decidiron engordala un pouquiño, mais DORINDA seguía triste. Despois puxéronlle pernas e pés, pero aínda así seguía triste


De xeito que a subiron para que os/as nen@s de 1º B a consolaran. Aos de 1º encantoulles a castaña DORINDA e decidiron poñerlle un ollo moi bonito para que puidera ver a todos os/as nen@s que lle queren axudar. Tamén lle fixeron un lazo verde para que estivera ben guapa. Despois levárona a 1º A para que lle puxeran o outro ollo e así puidera ver moito mellor todo o que ocorría ao seu redor.
Os/as de 2º A recibiron a DORINDA moi contentos, saudárona, pero viron que seguía triste e non falaba nin palabra.
¿Sabedes por que? En seguida o adiviñaredes. Á nosa castaña faltáballe o sorriso porque non tiña boca.
Os/as nen@s ao dárense conta de que lle faltaba algo tan importante decidiron poñerlle unha boca cun sorriso grande e unhas meixelas coloradas que daba xenio velas.

A nosa DORINDA quedou encantada e de seguido pasou á clase de 2º B. Chegou coa cara leda dunha castaña feliz. Xa que logo os/as nen@s pensaron en axudala a ter un aspecto divertido e xoguetón e tiveron a idea de adornala cuns pendentes de cores.
DORINDA como é moi presumida quedou satisfeita coa súa nova imaxe e foise axiña ás clases de 3º A e 3º B.
Aquí decatáronse de que lle faltaba algo. ¿A que non sebedes que era? ¡Brazos e mans¡ Puxéronse a traballar e fixéronlle uns braciños azuis e unhas mans coas uñas pintadas, con moitos aneis e pulseiras. Agora que xa ten mans pode facer moitas cousas: beliscar, debuxar, dar apertas, aloumiñar ... ¿Que contenta se ve agora a nosa DORINDA¡

Cando chegou a 4º A decidimos engadirlle un sombreiro de moitas cores para que puidese asistir a sitios importantes e moi “fassions” - ¡Que sorte teño¡ -dixo DORINDA.Tamén lle fixemos uns anteollos de deseño único. ¡COMO MOLA¡

Un día, a fermosa castaña, veu a 4º B un pouco preocupada. O seu problema, díxonos, era que non podía ulir os perfumes, nin aos nen@s do cole Frian. Entón puxémonos a traballar, para un nariz poderlle dar. Xuntamos boliñas de moitas cores de papel de seda, e o nariz fixemos xa.

Agora xa pode esbirrar e ulir. Feliz marchou camiño de 5º A. Cando chegou onda nós axiña nos decatamos de que non tiña pelo. Puxémoslle uns pelos rizos castaños con mechas louras.
A nosa mestra coidaba que necesitaba algo máis e fixémoslle unha canción que di así:“Namoreime da castaña, namoreime do ourizo, namoreime de ti nena, porque tes o pelo rizo” DORINDA dixo: ¡Que ben¡ Agora teño pelo e unha canción preciosa e un look fenomenal, xa podo ir a outras clases para presentarme.Ao chegar a 5ºB, xa estaba moi completiña, daquela dixemos:-¡Xa está lista para o magosto¡-¿E onde vou meter as castañas?
Foi polo que nós decidimos facerlle un bolso moi coquetón. Ela quedou moi contentiña porque o seu bolsiño tiña un aire outonizo que destacaba moi ben coa súa roupa.

Chegado o día do MAGOSTO os de 6º fixeron un pregón para poder salvala:
Non queimedes a DORINDA,
porque ela é moi linda.
Non queimedes a castaña,
que non fixo nada¡
No magosto castañas imos comer,
mais con DORINDA isto,
non o podemos facer.
Esta castaña non a podedes queimar,
porque moita ledicia, no OUTONO, vai dar.
Ela é moi bonitiña, ¿non a vedes?
pois entón déixaa tranquila, ¡non a estraguedes¡
Non queimedes a DORINDA,
que ela é moi noviña.
non queimedes a castañiña...¡
non a queimedes, ¡pobriña¡
¡Non a queimedes¡
Deixaina vivir, quere estar coas súas amigas
e poder ser feliz.
Non quero que te queimen,
porque, se vas ao lume,
seguro que fas moito fume.
¿Por que queimar a castaña?
Se é tan linda.
Deixade en paz á nosa DORINDA
¡DORINDA¡ ¡DORINDA¡
¡Que bonitiña¡ ¡Que bonitiña¡
E esta é a historia da castaña DORINDA feita por tod@s os/as nen@s e profes deste cole. Se vos gusta tedes que facérnolo saber. ABUR.

Chúzao
del.icio.us
Grazas a todos os nenos e nenas de Frian por deixar a Dorinda tan guapa. Dorinda agora está moi contenta.
Moitos bicos
Ana | 15-11-2007 - 16:23:02 GMT 1 #
A castaña Dorinda e moi linda e quero que estea moito tempo con nos no colexio de Frián
ANGEL+E+SERGIO | 16-11-2007 - 11:43:06 GMT 1 #
Gustoume moito o conto da castaña Dorinda
p.f.s. | 21-11-2007 - 13:23:28 GMT 1 #
A castaña Dorinda gustounos moito .
Os nenos de 3ºB fixemoslle as mans
e moitos aneis e moitas pulseiras.
Jacki y Cesar | 21-11-2007 - 13:43:13 GMT 1 #
Divertimonos moito,moito,moito facendo a castaña Dorinda.
Fixemoslle brazos e mans,pusimoslle aneis,reloxos e pulseiras.
Roberto e Antonio | 21-11-2007 - 13:44:32 GMT 1 #
Encantounos traballar na castaña Dorinda. Foi moi divertido traballar coa castaña Dorinda. Fixemos un brazo.
Somos Giovanni e Victor de 3º B
Giovanni e victor | 21-11-2007 - 13:46:11 GMT 1 #
Dorinda e moi guapa e vimola na festa do magosto. Gustáronnos moito as castañas. Puxemoslle as mans e os anillos. Quedou perfectisima
Ivan y Erea | 21-11-2007 - 13:46:59 GMT 1 #
O conto foi moi guai a castaña e moi bonita.
Gustounos moito ós de 3ºB
Diego e Adrian, | 21-11-2007 - 13:47:28 GMT 1 #
Gustounos moitisimo a festa do magosto.A castaña Dorinda quedou preciosa.
Diego e María | 21-11-2007 - 13:47:36 GMT 1 #
Gustounos moito o conto de Dorinda.
Quedou preciosa pusemoslle mans .
Sergio e Marta | 21-11-2007 - 13:48:47 GMT 1 #
A castaña Dorinda estaba mui guai nos fixemoslle brazos e mans.
christian posada pajarin | 21-11-2007 - 13:49:52 GMT 1 #
¿QUE IMOS FACER CA DORINDA?
O MOUCHO | 21-11-2007 - 17:04:24 GMT 1 #
Gústoume o da castaña Dorinda, pero eu son O MOUCHO é teño uns ciumes que me fan estourar de envexa. ¡Escribídeme a min¡
o moucho | 21-11-2007 - 17:43:48 GMT 1 #
Gustounos moito a castaña Dorinda en cuarto puxemoslle un sombreiro e gafas de moitos cores. Grazas a todos por deixar a Dorinda tan guapiña.
4ºA | 22-11-2007 - 13:58:00 GMT 1 #
En realidade,si que estaba ben fermosa a amiga Dorinda. Espero que todos o pasases moi ben na elaboración dela pois e de xustiza felicitar a tod@s profes e @s nen@s do Frían.
Conchi Fernández (unha nai do Frían) | 29-11-2007 - 19:30:46 GMT 1 #
nos gusta moito a castaña Dorinda.
jorge | 30-01-2008 - 15:43:45 GMT 1 #
ola me llamo vitor.en carnaval me disfraze de de mi mismo bueno ni disfraze.adios
vitor | 18-02-2008 - 11:34:13 GMT 1 #
yo achei mu guai las cas deu musica deu quitameste velo e delos evetos
wallace | 20-02-2008 - 10:41:23 GMT 1 #
Gustounos moito a excursión.O teatro de Pedro y el LOBO era moi chulo. 0 acuario era impresionante eu quero volver.
Ivám y Marta | 20-02-2008 - 13:46:38 GMT 1 #