Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

FEIRA MEDIEVAL

O martes 20 de maio de 2008 festexamos no noso Colexio unha fantástica Feira Medieval que resultou o remate perfecto das actividades desenvolvidas no Centro sobre o Cid e a súa época.

A primeira hora, todos os nenos e nenas participamos en obradoiros e exposicións medievais.

Despois de tanto traballo, os pais e nais da A.N.P.A. convidáronos a pan con salchichas. Hum...!

Tras recobrar as forzas, todos e todas xogamos nun estupendo circuito de xogos medievais.

Durante toda a xornada, os nosos pais e nais poideron compartir as nosas actividades. Pero, sobor de todo, pola tarde, xa que nós fomos os auténticos artistas enriba do escenario. Alí cantamos, recitamos romances, e... ata botamos bailes!

Algúns dos asistentes xa expresaron a súa impresión no super-libro da Biblioteca. Pero se ti aínda non o tes feito, anímate e escribe a continuación a túa opinión. Interésanos a todos!

PICASSO NA EDUCACIÓN INFANTIL

Cuadro de PicassoNa Fundación Barrié da Maza ensináronnos moitas cousas sobre un gran pintor. Cando chegamos ao cole , coa axuda das nosas mestras xogamos a ser Picasso.
O pasamos moi ben e este é o resultado. Os cadros que fixemos están no cole se queres podes pasar a velos.

07052008186.jpg
Cuadro Picasso polos nenos/as<

DEPORTE ESCOLAR

Este ano estamos a participar no Deporte Ecolar.
Levamos xa tres xornadas, nas dúas primeiras xornadas os deportes foron: fútbol, balonmán, baloncesto, badminton e unha proba cultural.
Na terceira xornada os deportes foron: atletismo e natación.
A continuación imos enseñarvos algunhas imaxes do equipo de natación e do transcurso de dita proba que consistía en nadar 25m. costas, 25m.braza, 25m.croll e unha proba de 25x4 libres.


CESTEIROS POR UN DÍA

Na nosa visita ao Centro de Artesanía Popular todos e todas axudamos a facer unha cesta.

¡Foi moi interesante!

OS CESTEIROS

O xoves, 3 de abril, fomos de excursión ao Centro de Artesanía Tradicional (CAT), para ver unha demostración de cestería e participar nós tamén.
Úsanse madeiras flexibles: castiñeiro, salgueiro, carballo, vimbio, palla, xuncos...Fanse cestos de distintas formas: para pescar, levar a merenda, patelas, nasas...Todos e todas tivemos que axudar a tecer unha cesta.

Despois , no 2º andar, había ferramentas e obxectos doutros traballos artesanais: carpinteiro, oleiro, ferreiro, latoeiro, tecedoira, canteiro, albardeiro, zoqueiro,...
este centro atópase preto do concello de Vigo e vense os restos das murallas que quedan.
¡Aprendemos moito!

Un día na Coruña

O luns 18 de febreiro un grupo de nenas e nenos de primeiro e segundo ciclo fomos a cidade da Coruña.

100_0790.JPG

Pola mañán, despois dunha longa viaxe, fomos ó Palacio da Ópera onde escoitamos e vimos o Conto musical de "Pedro y el Lobo".

Fomos a repoñer forzas á estación do tren para logo dar un paseo pola cidade. De seguido chegamos á Casa dos Peixes. ¡Aprendemos moitas cousas!

Rematou a visita e voltamos para a casa, os pais e nais estaban esperándonos, gañamos un bo descanso.

¡Ata a próxima!

O MAGO CARRUSELO E O CIRCO DAS PULGAS

O Mago Carruselo co seu circo das pulgas visitou o Cole de Frian .Mimí,Esmeralda e Breogán fixeron as delicias d@a nen@s de Educación Infantil


DE TROULA NO FRIAN

No Reino de Frian celebramos o ENTROIDO todos con disfraces da época medieval. O asunto naceu no equipo da biblioteca que decidiu dedicar este ano, co gallo da celebración do seu 800 aniversario, ao CID CAMPEADOR e, ao longo do curso facer distintas actividades relacionadas co tema.
O xograr García e o grupo de pais/nais cunha obra de teatro fóronnos metendo na época e animándonos a ler.
O cole está ambientado con escudos, carteles, castelos, vidreiras,...
Cada quen colleu colleu algún dos modelos de disfraces propostos, de xeito que aparecen arqueiros, reis, raíñas, bufóns, cabaleiros, magos,... Moitas clases portan estandartes alusivos ao Reino de Frian. Todos desfilamos ata o Centro Comercial Travesía detrás da nosa pancarta "DE TROULA NO FRIAN".
Xa no patio leuse o pregón e queimamos o meco, que cada día nos facía traer unha prenda diferente.
Tamén se traballou o ENTROIDO en plástica e na aula de informática.
¡ Pasalo ben! Abur.

E como non hai festa sen baile, hai vai esta "Danza Medieval"

30 DE XANEIRO. DÍA DA PAZ

20080130_diadapaz_frian_28-cr.jpg

A paz é todo o ano, pero este día é especialíiiiisimo. Sempre facemos
algo diferente que fai as delicias de todos e todas, e alguns e algunhas ata se emocionan, ¡ NON É PARA MENOS!. Todos e todas entoamos unha canción, este ano ó son de QUÍTAME ESTE VELO.
Resultou estupendo 300 voces cantando a coro.

Despois de cantar soltamos uns globos que levaban colgados todos os nosos desexos de Paz,... a onde chegarán?. Algún globo parecía que se quería quedar connosco, pero finalmente, todos camiñan cara a PAZ.


As andanzas do Cid

O xoves 11 de xaneiro mentres estabamos na clase traballando apareceu un xograr e ....

 Aquí llega el juglar García

con la noticia del día.

xograr-1.jpg

Tendremos una función

arriba en nuestro salón

Será a las doce en punto

allí estará todo el mundo

para juntos descubrir

la historia de nuestro Cid

Habrá risas, aplausos, alegría

y todo, en la mejor compañía.

Agradeced esta fiesta

al equipo de la Biblioteca

que con mucho tesón

cumplirán su ilusión

Hoxe, como nos dixera o xograr, fomos as doce o salón de actos e velaí estaban un grupo de pais e nais dispostos a arrincarnos un montón de aplausos. Pasámolo estupendamente e aplaudimos a rabear.