SAÍMOS A RÚA!!!
O venres cós nosos disfraces saímos a rúa, a CONQUISTAR VIGO. Empezamos o nosa CONQUISTA pola rúa Aragón seguindo pola praza de Santo Cura de Ars. Logo baixamos pola rúa Bailén ata a Travesía e finalmene CONQUISTAMOS a praza do Centro Comercial de Travesía. Alí botamos uns bailes e unhas cancións. Rematamos a festa no colexio co pregón do Entroido e a queima do Meco.
A continuación poderedes ver os nosos disfraces que nesta ocasión ían de acorde co tema DO SEGUNDO CENTENARIO DA RECONQUISTA DE VIGO.
Relamendo o peteiro...
Esta semana estamos a degustar sobremesas do entroido.
Que boas cociñeiras e cociñeiros temos no Frian!
O luns María e Víctor de 4º B trouxeron FILLOAS... riquíiiiiisimas!
O mércores Iván de 4º B trouxo ORELLAS...riquíiiiisimas!
O venres 27 Roberto de 4ºB trouxo FILLOAS con chocolate....riquííííísimas!
Moitas grazas pais e nais por colaborar nestas tarefas.
Dende aquí invitámoste a...que as vexas.!
FELIZ ENTROIDO
MELLORANDO O NOSO INGLÉS
Aproveitando os recursos da rede esta vez tócalle ao Inglés. Imos a aprender a facer FILLOAS...si, si como estas oindo, non é o tempo?
Pois nada, mentras ves como se fan, practicas un pouquiño de Inglés. Os nenos e nenas do noso cole están mellorando a súa pronunciación deste xeito, así que xa sabes...consello da teacher.
OBRADOIRO DE BOTERO
Na última semana de xaneiro os nenos e nenas de 3º e 4º visitamos a exposición de BOTERO. E un pintor moi curioso, pinta formas moi redondeadas ( el di que non son gordos). A vós que os parecen?.
A visita gustounos moito. Primeiro unha monitora contounos moitas cousas sobre este pintor tan famoso. Aprendimos moitísimas curiosidades a súa pintura.
Logo participamos nun obradoiro onde con distintos modelos facíamos figuras. Primeiro as silueteamos e logo as recortamos. Como non nos dou tempo as estamos a pintar no cole. Cando as rematemos xa volas enseñaremos.
De momento mira o que fomos facendo....
CONCERTO: MÚSICA POPULAR GALEGA
O día 22 de xaneiro de 2009, os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria acudiron ao Concerto de Instrumentos Tradicionais Galegos, celebrado no Auditorio do Centro Cultural Caixanova.
O concerto foi unha auténtica festa, na que coñecimos os principais instrumentos tradicionais e as formacións instrumentais.
Os intérpretes, o grupo Xistra de Coruxo, fixéronos aprender moito e pasar un rato estupendo.
Como proba, aquí tendes un slide coas fotos.
MURAL DA PAZ
Co gallo do Día Internacional da Paz e a Non
Violencia, fixemos moitos traballos.
Cada clase fixemos unha pomba e así nos
quedaron
SEMANA DA PAZ
ESTAMOS NA SEMANA DA PAZ E O NOSO MOUCHO FRIANÓN QUE VIAXA MOITO POLA REDE, APARECEU VESTIDO COMO PODEDES VER.
QUE LLE PASOU?
POIS QUE PASOU POR CASA DE TOL@S (1) E BELENCIÑA ASÍ O DEIXOU.
PARA OS QUE NON VISITADES A PÁXINA DO NOSO COLE DECIRVOS QUE ESTAMOS A TRABALLAR MOITO SOBRE A PAZ (NON PODE SER DOUTRO XEITO) E QUEREMOS COMPARTIR CONVOSCO O NOSO TRABALLO, ASÍ QUE DENDE AQUÍ CONVIDÁMOSVOS A NAVEGAR POR A PÁXINA DE CEIP FRIAN TEIS (2)
(1)http://casadetolos.nireblog.com/
(2)http://centros.edu.xunta.es/ceipfrian/?q=node/466

NORABOA FRIANCIN@S!!!
PREMIO Á INNOVACIÓN EDUCATIVA

O noso colexio ten recibido un dos Premios á Innovación Educativa polo traballo no que, o curso pasado, participou toda a Comunidade Educativa: NOS TEMPOS DO CID.

Noraboa a todos e a todas, porque é un premio no que todos e todas tivemos algo que ver.





Chúzao
del.icio.us






















