Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: Saídas

ARLANZÓN: MÁIS QUE UNHA INMERSIÓN LINGÜÍSTICA

frian 10/11/2009 @ 00:58
Frian en Arlanzón

DE VOLTA DE ARLANZÓN, NON PODEMOS NEGAR QUE APRENDIMOS MOITO INGLÉS. PERO, SOBRE TODO, APRENDIMOS MOITAS COUSAS DE INTERESE PARA A NOSA VIDA.

Esta, alomenos, é a nosa apreciación (de Montse e Mónica). Algúns de vós aprendistes a desenvolvervos sós por primeira vez; outros escribistes unha frase que vaivos axudar moito de aquí en adiante. Todos tivemos que renunciar a algúns pequenos praceres, como mercar chuches e recordos. E, sen embargo, todos os problemas e dificultades mereceron a pena, porque, sen dúbida, esta será a viaxe máis aproveitable da vosa vida.

Gustaríanos que, a través deste foro, nenos, mestras e familias, nos mostrárades a todos os vosos pensamentos e os aspectos positivos que poidemos extraer desta experiencia, aínda que todos tivéramos pasado por intres de angustia e incertidume.

Grazas por adiantado.

VISITA A NATURNOVA. NOVEMBRE 2009

frian 09/11/2009 @ 23:51
naturnova.JPG

 

O xoves 5 de novembro, os nenos e nenas do segundo ciclo fomos a Naturnova, o centro interactivo de educación ambiental. Entre moitas actividades que alí fixemos, a máis sorprendente, foi subir nun submarino e dar un paseo polo fondo da ría de Vigo. Debemos dicir que era un viaxe simulado pero aínda así o pasamos moi ben.


CONCERTO: MÚSICA POPULAR GALEGA

frian 02/02/2009 @ 01:11

O día 22 de xaneiro de 2009, os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria acudiron ao Concerto de Instrumentos Tradicionais Galegos, celebrado no Auditorio do Centro Cultural Caixanova.

O concerto foi unha auténtica festa, na que coñecimos os principais instrumentos tradicionais e as formacións instrumentais.

Os intérpretes, o grupo Xistra de Coruxo, fixéronos aprender moito e pasar un rato estupendo. 

Como proba, aquí tendes un slide coas fotos.