Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: Primaria

BOTAS, BOTAS E MÁIS BOTAS

frian 13/12/2008 @ 00:14

Botas, botas e máis botas, xa están aquí, o anuncio do Nadal no cole. Os traballos que facemos na casa con axuda de toda a familia. Hai  para todos os gusto feitas de moitos materiais que había pola casa: papeis, algodón. pasta, lentellas, espuma, algodón, pegatinas, follas....pouco a pouco iremos poñendo todas.

Que bonitiñas quedaron!

A volta ao mundo detrás dunha trompa

frian 10/12/2008 @ 15:44

O venres día 5 de decembro de 2008, os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria recibimos unha visita moi especial: Helen, a tía de Sara, veunos falar do seu instrumento: a trompa.

Antes de empezar, Sara presentounos á súa tía, que naceu en Memphis (Estados Unidos), traballou nunha orquestra de Nova Zelanda, e, na actualidade, vive en Vigo.

A súa visita serviunos para saber onde quedan estes países. Tamén aprendimos que, en Nova Zelanda, é veran cando en España é inverno. E que, en Estados Unidos, os agasallos de Nadal non os traen os Reis Magos, senon Papá Noël, que, alí, se chama Santa Claus.

Despois, Helen nos aprendeu como colocar os beizos para facer soar a trompa, nos explicou as partes do instrumento e o xeito de tocar antigo e moderno. Por último, nos tocou a melodía de "Harry Potter" e da "Guerra das Galaxias".

Finalmente, decoramos a nosa propia trompeta, coa que facer música.

Grazas, Helen, por nos contar cousas tan interesantes.

Día do neno/a 2008

frian 21/11/2008 @ 23:35

principe-felipe-006.jpg

Co gallo do día do neno/a chegamos á Cidade Infantil Principe Felipe en Pontevedra.
Ás 10:00 horas, unha monitora, chamada Mercedes, estaba alí esperándonos, a diversión estaba a piques de comezar!