Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: Festas

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA 2010

frian 11/03/2010 @ 21:21

No colexio, o día internacional da muller traballadora, fixemos moitos traballos relacionados con mulleres importantes de todos os continentes. Aprendimos sobre moitas facetas das súas vidas . No seguinte enlace podes ver o resultado dos nosos traballos.

Traballos: Día da muller traballadora 2010

DIA MULLER TRABALLADORA

AI, AI, AI o entroido no FRIAN

frian 11/03/2010 @ 20:29

Aínda non fai un mes, e parece que o Entroido xa queda moi lonxe. Para refrescar as memorias, aquí temos (unha vez debidamente editados) os vídeos destes momentos tan entrañables nos que participou toda a Comunidade Educativa. O tema deste ano foi o da Interculturalidade, dentro do Proxecto Documental Integrado titulado: Un cole, un libro: o mundo!


ENTROIDO 2010

frian 15/02/2010 @ 23:45

O MUNDO É GRANDE

NO ENTROIDO CANTAMOS...

frian 07/02/2010 @ 23:44

Este ano para o entroido imos cantar "O mundo é grande" adaptada polos nenos e nenas o noso proxecto;  Un cole, un libro: o mundo!!!

E por arte  de maxia aparécenos así maquetada... maxia non, grazas Belén por compartir.

O NOSO GRAN DE AREA POLA PAZ

frian 30/01/2010 @ 23:34

Onte celebramos no colexio "O día escolar pola PAZ e a non violencia. No salón de actos fixemos un acto todos xuntos, moi sinxelo. Houbo poemas, cancións, bailes...
Rematamos o acto saindo o patio e cantando todos a unha: "Sueños de un niño".
Esperamos traballar pola paz todos os días do ano.

MURAL DA PAZ 2010

frian 25/01/2010 @ 21:41

Todas e todos os que coñecedes o noso colexio, sabedes que nos gustan moito os murais. O noso cole esta cheo deles. Xa non nos quedan moitas paredes, así que este ano, estamos a pintar a parede de fóra da entrada principal do cole. Neste artigo podedes ver coma vai o traballo e aos nosos artistas en plena producción...



SEMANA GRANDE NO COLE

frian 20/05/2009 @ 20:27

Este ano estamos a levar a cabo un Proxecto de Investigación sobre o Bicentenario da Reconquista. Como remate das actividades temos, mañán xoves 21 de maio, a FESTA DA ÉPOCA DA RECONQUISTA de carácter lúdico e cultural.
Comezará pola mañá con obradoiros, visita ás exposicións e xogos; pola tarde teremos o FESTIVAL/CONMEMORACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS, con representación teatrais, danzas, cancións e moitas sorpresas.
Queremos que sexa unha auténtica festa para toda a comunidade educativa polo que vos invitamos a que participedes nun xantar colectivo a partir das 14 horas a poder ser vestidos á usanza da época.
 

A MÚSICA XA ESTÁ EMPEZANDO A SOAR!!!!!

FRIAN NAS LETRAS GALEGAS

 

DIETA MEDITERRÁNEA

frian 16/11/2008 @ 22:30

Os meses de novembro e decembro están adicados á Educación para a saúde. Levaránse a cabo:

  • Obradoiros de Dieta Mediterránea
  • Charlas formativas para nais/pais
  • Debate sobre a obra "Gordiño recheo" de Fina Casalderrey

Comezamos, o xoves 13,  cun obradoiro de comida mediterránea. Comemos san: unhas espinacas, tomate, atún, granada, espárragos, laranxa... e todo xunto... xa verás que ben nos quedou.
Estaba boísimo e non quedou nada de nada

O mesmo día pola tarde houbo unha charla informativa para pais/nais sobre os beneficios da dieta mediterránea

Charla pais/nais

O MAGOSTO

frian 16/11/2008 @ 22:07

O martes 11 celebramos o magosto. Reunímonos toda a Comunidade Educativa: alumnos/as, pais e nais, avós e avoas, antigos alumnos e alumnas. As principais protagonistas as castanas:

Que boas estaban!!!

Cabazas, cabazas...

frian 02/11/2008 @ 22:27

Vota unha ollada, mira que bonitas quedaron..

Pero si alguén non ten cabaza...Non hai problema! podémola facer con papel,toma nota...