Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A voz de Frian

Arquivo: Novembro 2007

22/11/2007 GMT 1

TALLER DE COCIÑA

frian @ 23:44

Os/as nen@s de 3º, 4º,5ºe 6º participamos nun taller de cociña organizado polo FROM. Despois houbo unha charla para pais/nais.

Falamos do tamaño mínimo que deben ter os peixes para pescalos, das medidas hixiénicas na súa manipulación, e dos beneficios que teñen para a saúde destacando os ácidos graxos Omega 3, que axudan a cuidar as arterias e o colesterol.

Aprendemos a preparar o peixe de varias formas: rebozado, ao sal, en ensalada. Collemos os ingredientes cunhas culleres para preparar unha ensalada veleiro.

¡Miúdo traballo de plástica¡

Pero como ao terminar o comemos non quedou nada.

A recordar: débense tomar 3 racións mínimo á semana.

15/11/2007 GMT 1

"A Castaña Dorinda"

frian @ 13:15

        Unha mañá de outono, apareceu no Cole de Frian unha castaña xigante, pero moi xigante que naceu nun castiñeiro do souto do cole. A súa nai púxolle de nome DORINDA, porque tiña unha cor moi douradiña. Pero DORINDA tiña un grande, pero que moi GRANDE problema. Non quería comer, e estaba moi fraquiña, tan fraquiña, tan fraquiña, que non tiña corpo. Cando chegou ao cole e viu a todos os/as nen@s tan feitiñ@s, adoecía por ser coma el@s. Ocurríuselle escribir unha carta na que lles pedía axuda ...

En E. Infantil decidiron engordala un pouquiño, mais DORINDA seguía triste. Despois puxéronlle pernas e pés, pero aínda así seguía triste

 

 

 

                      piernas.jpg

                                      

                                            castana-dorin.jpg

                                     

         De xeito que a subiron para que os/as nen@s de 1º B a consolaran. Aos de 1º encantoulles a castaña DORINDA e decidiron poñerlle un ollo moi bonito para que puidera ver a todos os/as nen@s que lle queren axudar. Tamén lle fixeron un lazo verde para que estivera ben guapa. Despois levárona a 1º A para que lle puxeran o outro ollo e así puidera ver moito mellor todo o que ocorría ao seu redor.

Os/as de 2º A recibiron a DORINDA moi contentos, saudárona,  pero viron que seguía triste e non falaba nin palabra.

¿Sabedes por que?  En seguida o adiviñaredes. Á nosa castaña faltáballe o sorriso porque non tiña boca.

Os/as nen@s ao dárense conta de que lle faltaba algo tan importante decidiron poñerlle unha boca cun sorriso grande e unhas meixelas coloradas que daba xenio velas.

 

                          boca.jpg

                           

A nosa DORINDA quedou encantada e de seguido pasou á clase de 2º B. Chegou coa cara leda dunha castaña feliz. Xa que logo os/as nen@s pensaron en axudala a ter un aspecto divertido e xoguetón e tiveron a idea de adornala cuns pendentes de cores.  

 

                                            pendiente.jpg                         

 

                                     DORINDA como é moi presumida quedou satisfeita coa súa nova imaxe e foise axiña ás clases de 3º A e 3º B.

Aquí  decatáronse de que lle faltaba algo. ¿A que non sebedes que era? ¡Brazos e mans¡ Puxéronse a traballar e fixéronlle uns braciños azuis e unhas mans coas uñas pintadas, con moitos aneis e pulseiras. Agora que xa ten mans pode facer moitas cousas: beliscar, debuxar, dar apertas, aloumiñar ... ¿Que contenta se ve agora a nosa DORINDA¡ 

 

                    brazos.jpg

 

 

Cando chegou a 4º A decidimos engadirlle un sombreiro de moitas cores para que puidese asistir a sitios importantes e moi “fassions” - ¡Que sorte teño¡ -dixo DORINDA.Tamén lle fixemos uns anteollos de deseño único. ¡COMO MOLA¡

 

                                    sombrero3.jpg

 

                                 

Un día, a fermosa castaña, veu a 4º B un pouco preocupada. O seu problema, díxonos, era que non podía ulir os perfumes, nin aos nen@s do cole Frian. Entón puxémonos a traballar, para un nariz poderlle dar. Xuntamos boliñas de moitas cores de papel de seda, e o nariz fixemos xa.

 

 

 

                                         nariz.jpg

 

 

 

 Agora xa pode esbirrar e ulir. Feliz marchou camiño de 5º A. Cando chegou onda nós axiña nos decatamos de que non tiña pelo. Puxémoslle uns pelos rizos castaños con mechas louras. 

A nosa mestra coidaba que necesitaba algo máis e fixémoslle unha canción que di así:“Namoreime da castaña, namoreime do ourizo, namoreime de ti nena, porque tes o pelo rizo” DORINDA dixo: ¡Que ben¡ Agora teño pelo e unha canción preciosa e un look fenomenal, xa podo ir a outras clases para presentarme.Ao chegar a 5ºB, xa estaba moi completiña, daquela dixemos:-¡Xa está lista para o magosto¡-¿E onde vou meter as castañas?

Foi polo que nós decidimos facerlle un bolso moi coquetón. Ela quedou moi contentiña porque o seu bolsiño tiña un aire outonizo que destacaba moi ben coa súa roupa.

 

 

                                     bolso.jpg

Chegado o día do MAGOSTO os  de 6º fixeron un pregón para poder salvala:

Non queimedes a DORINDA,

porque ela é moi linda.

Non queimedes a castaña,

que non fixo nada¡

No magosto castañas imos comer,

mais con DORINDA isto,

non o podemos facer.

Esta castaña non a podedes queimar,

porque moita ledicia, no OUTONO, vai dar.

Ela é moi bonitiña, ¿non a vedes?

pois entón déixaa tranquila, ¡non a estraguedes¡

Non queimedes a DORINDA,

que ela é moi noviña.

non queimedes a castañiña...¡

non a queimedes, ¡pobriña¡

¡Non a queimedes¡

Deixaina vivir, quere estar coas súas amigas

e poder ser feliz.

Non quero que te queimen,

porque, se vas ao lume,

seguro que fas moito fume.

¿Por que queimar a castaña?

Se é tan linda.

Deixade en paz á nosa DORINDA

¡DORINDA¡ ¡DORINDA¡

¡Que bonitiña¡ ¡Que bonitiña¡

 

 

E esta é a historia da castaña DORINDA feita por tod@s os/as nen@s e profes deste cole. Se vos gusta tedes que facérnolo saber. ABUR. 

 

 

 

                   

                                       

                          castana-dorinda.jpg                       

                                                 

08/11/2007 GMT 1

O Moucho Frianón

frian @ 13:13

¡Ola¡¡Ola¡ Preséntome. Son o MOUCHO FRIANÓN.


Moucho Frianón

¿Coñécesme?. Eu a vós si. Xa fai tempo que vos axexo dende as árbores do patio.
Véxovos no recreo sempre a xogar e a botar gargalladas... ¡Dádesme unha envexa...¡ Por certo, esas máis grandes e vestidas con batas de moitas cores deben de ser as mestras. Eu tamén quería unha. Vou estar todo o curso convosco. Vou aparecer como mascota do cole. Quero que me escribades contos, e poesías,... Podedes empezar deste xeito. Había unha vez... (Xa está, escribídeme moito...) BICOS E APERTAS.

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis